Mostrando entradas con la etiqueta En galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta En galego. Mostrar todas las entradas
Día das Letras Galegas, o día antes
¡O meu gozo no pozo! Un ano máis vaime resultar imposible asistir a unha saída d@s Calcorreir@s nun día no que se combina máis que ben o feito de patear xunto coa literatura, celebrando así o noso día, o das letras galegas; o luns teño un exame que teño máis mal preparado que ben e nobreza obriga, aínda non fun quen de dar coa formuliña máxica esa de conseguir estar en dous actividades simultáneamente, ¡mecachis, que envexa da boa me dan!
O día en que nos convertemos en camiñantes desbrozadores
Sanfíns, un ano máis
E chegou o día, ou máis ben a noite. Traspasábamos a fermosa entrada a Sanfíns cinco afectos á tardiña despóis dunha odisea estilo "S.", cousa que a ninguén lle sorprende a estas alturas, ou sexa, perdéndonos, para atoparnos de novo, sempre. Nunca tiven problemas para saír de Sanfíns, o que se dí chegar, por unhas cousas ou por outras o caso é que nunca chego polo mesmo camiño; desta vez a odisea foi das gordas, simpáticas, arrincounos risas e ata houbo algún momento que ficamos sen respirar metendo o coche por un camiño tan estreito que metía medo para rematar por unha pista en pleno monte onde a única referencia que tiña é a que teño sempre, que son quen de mirar máis alá e aínda que pareza increíble, nin sabendo moi ben cómo sempre estou ubicada.
Sanfíns, entrada á substancia do tempo
Próximo reencontro en Sanfíns o 27 de xullo; non hai palabras que poidan expresar con fidelidade as sensacións que se viven alí. Moito escribín sobre este lugar que ocupa un recanto moi especial no meu corazón, e hoxe aínda ben que comezei a escribir, a medida que ía insertando as imaxes pregunteime se non sería mellor calar porque hai momentos e situacións nas que as palabras fican insuficientes ante tanto esplendor de natura; e resulta que coma conclusión a falta de un, dous textos, o segundo escrito por Manuel Gago, xoia escrita que atopei na procura de imaxes que ilustrasen o meu texto e que xurdiron vía internet. A pesar de tanta beleza falando por sí mesma finalmente pensei que as palabras tamén son importantes e teñen a súa razón de ser.
A miña terra
A miña terra esperta e saúda con raios que tremen ao sol de tan tímidos.
Nai amorosa e humilde na súa xenerosidade e abundante na
súa simplicidade. Tras unha noite de tempestades e de ventos
fiumentos o novo día é un berce que mece docemente
tra-la chuvia ao arco da vella que perfila nun novo horizonte
promesas de celebracións asentadas pacíficamente no meu interior.
A miña terra acolle e agasalla panoramas fermosos que invitan
a respirar. Protexe ríos e fragas, montes e mares, indómita
forza que preserva o meu legado animándome a comprender
que o que me ofrece é o que debo de manter para quen
camiña detrás de mín, así como quen me precedeu xuroulle
lealtade aos meus pasos e aos meus beneplácitos nela.
A miña nai é costa e interior, é peixe fresco e vides doces,
a sabor a antergos evocados e lembrados no meu paso
por muiños conservados, é homenaxe nas restauracións
e fala nos beizos dos nenos. Historias de meigas e de
luceiros camiñantes nas escuridades do camiño, é arume
a terra mollada impregnando os sentimentos.
É creatividade ao descoberto e limpeza nas meixelas
nas que se dilúen as gotas de auga lavando amarguras
cando caen tan miudiñas que síntense tenras. É bravura
con determinación e sentimento " jerrilleiro " cando atacan
a súa compostura. É forza da natureza defendendo os
seus espazos indómitos, é doce nas súas entregas.
¡A miña terra, a miña terra, qué ledicia
pertencer a súa esencia, qué bonito camiñar
na súa estela, qué manto me protexe durmindo
baixo a súa lúa e as súas estrelas, qué privilexio
amencer baixo a súa cantiga titiriteira!
Orgullo son baixo a súa infinita, namorada e protectora beleza.
S., 17 de maio de 2013, Día Das Letras Galegas

Suscribirse a:
Entradas (Atom)