
Esperabamos unha ruta fácil e o pronóstico cumpríuse,
aínda que a duración andaba polas seis ou sete horas e empregamos dez; non houbo
dificultades, non houbo problemas, pero déusenos por ir aos poucos, con pausas e
sobre todo disfrutando... de todo, do camiño, da sombra, do río, das charlas,
das anécdotas do día. Foi unha ruta ben vivida, de moito proveito persoal,
inesquecible.