Día das Letras Galegas, o día antes


¡O meu gozo no pozo! Un ano máis vaime resultar imposible asistir a unha saída d@s Calcorreir@s nun día no que se combina máis que ben o feito de patear xunto coa literatura, celebrando así o noso día, o das letras galegas; o luns teño un exame que teño máis mal preparado que ben e nobreza obriga, aínda non fun quen de dar coa formuliña máxica esa de conseguir estar en dous actividades simultáneamente, ¡mecachis, que envexa da boa me dan!


Como cada ano, aquí a miña homenaxe a este día, nesta ocasión á obra de Xosé Manuel Díaz Castro. Non nos esquezamos da nosa orixe e da nosa terra ¿E quen mellor cas novas xeracións para representar unha continuidade?, aquí vos deixo o canto, a creatividade e a esperanza nun mundo mellor.

En canto a@s Calcorreir@s, polo que lín no foro, ¡día estupendo o que ides pasar!, que non nos falten os camiños e as compañías fermosas coas que disfrutar. Con afecto,

S., maio 014

No hay comentarios:

Publicar un comentario