Cangas Nómada
O día do libro amenceu co ceo cuberto pero, en vez de adicalo a
cousas das letras, adiqueino..., adicámolo a cousas dos pasos. A
decisión final levounos a unha ruta por Cangas guiada por S.P., nativa e
coñecedora da península palmo a palmo; non sabemos porque dubidaba de
levarnos polo mellor camiño anque non o revisara recentemente.

As
nubes da primeira parte da mañá deixaron apenas unhas pingas, tan só, e
durante o día, a luz da xornada foi transformando a cor plomiza da cidade viguesa nunha paleta cromática diversa, viva, chea de brillos... que se deixarían ver pola tarde e no solpor.

Dende a lonxa canguesa tiramos pola beiramar; primeiro a imponente
fábrica de Massó ameazada polo urbanismo especulativo, na mesma costa, e
despois a inesperada lagoa chea de aves e rodeada de vexetación.
Seguimos a ruta cara ás praias de Santa Marta e Liméns e a ría foi
abrindo as súas galas matinais: os montes e os edificios de Vigo, as
Cíes, os fariños, as rochas da costa, os barcos, as mexiloeiras, as
nubes no ceo azul...

De Liméns a Hío polo interior había que buscar o desvío para coller o sendeiro adecuado e a guía co atrevimento da inxenuidade preguntou a un paisano que nos mandaba polo camiño máis curto... para chegar á estrada; daba igual que lle explicaramos que non se trataba de adiantar tempo sinon de evitar a estrada, o home seguí esforzándose dende a atalaia da súa mansión rodeada dun muro adornado con relevos de gaivotas, faro con haces de luz, golfiños e un ollo que todo o mira...

Pouco despois repítese a pregunta, por asegurar o camiño, e o veciño recapacitou longo tempo meditando a resposta; a coleta, a barbiña, casi tamén os ollos rasgados recordoume a Hiro Hito, aquel emperador xaponés que aínda vivía ao fin do século pasado. Explicacións pausadas, cerimoniosas, ben pensadas, pero inútiles; mentras a nosa guía atendía educadamente ao esforzo do informador.

O cruceiro de Hío maxestuoso e a portada da igrexa parroquial lucindo capiteis, arquivoltas e tímpano románico, deixáronnos pousar no adro para repoñer enerxías antes de subir pola calzada romana e con vistas nítidas á ría de Aldán. A primavera deixábase ver nos pampillos e nas folliñas recén brotadas que medraron a borbotóns nestas últimas horas, coa subida da temperatura.
Outra vez máis unha subida ao Facho, da que nunca nos cansamos a pesar de repetir sempre o mesmo premio: as vistas espectaculares, únicas, emocionantes, faga o tempo que faga; pero este día do libro era unha fartura de territorio, amplo e co máximo detalle entre a limpa atmósfera.

Comida en Donón, como si fóramos excursionistas, e regreso polo interior ata a praia de Viñó, paseándoa pola area e seguindo o litoral ata chegar de novo a Cangas.

Ruta impresionante e ben próxima; xornada excepcional, das que enche, como todas as que facemos na mellor compañía.
I.O., Abril 016

No hay comentarios:
Publicar un comentario