Día Das Letras Galegas, homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Escritor e dramaturgo polifacético, nunca esquecerei cómo e de qué xeito as súas verbas transportaron emocións de suspiros que impactaron directamente no meu corazón lendo a súa obra e máis tarde admirando, recreando e vivindo transportada en imaxes que me souberon a auténtico eses films tan entrañables como foron e son " A lingua das Bolboretas " e a magnífica " Sempre Xonxa ".

Parabéns a todo-l@s que aman a esta nosa terriña meiga, que continúa a mostrarnos e a agasallarnos coa súa máxica beleza a importancia de seres pólas que seguen a alimentar raíces que temos a obriga de ocuparnos en manter e darlle unha continuidade que saiba a legado digno, coma somos nos, éstes que aquí e agora habitan esta terra nai.

S., 17 de maio de 3013

O texto é un poema, un fragmento en realidade, da obra de Vidal Bolaño " Laudamuco, señor de ningures ". Escollín para publicar neste blog unha obra realizada por nenos e nenas orientados por profes interesados na educación e na creatividade de pequenos grandes galegos, por póliñas que seguirán a alimentar raíces que imos construindo e mantendo para que non se esquezan da importancia da terra que nos acolle a todos. Grazas a " Pementeiradas " pola vosa labor de continuidade e de crenza na boa orientación educacional.


2 comentarios:

  1. Grazas desde Pementeiradas polas túas palabras!As tres profes de Educación Infantil do cole Rosalía de Castro de Padrón estamos encantadas de que compartiras a mostra final desta actividade sobre Vidal Bolaño. Grazas!!!
    Visitarei o teu blog en máis ocasións!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a tí, Tete, por visitar o blog de Nómadas, encantada de que te pasees por aquí cando queiras.

    Internet as veces é tan máxico!, tanto coma este fermoso día no que nas vísperas xa se vai celebrando e honrando. Interésame moito a proxección dos máis pequenos, o interese dos educadores, e polo que vín na vosa páxina ésta permanece activa, mantense, iso é vocación e ocupar horas e tempo.

    Eu ben sei o que se agradecen os comentarios e non solo pasar por unha páxina do meu interese sen deixar un. O que importa realmente é que haxa comentarios ou non quen está detrás do blog non desfalece.

    Unha aperta neste día e moitos ánimos e forzas na vosa continuidade.

    ResponderEliminar